Saturday 04 de May de 2024

A festa de Entroido do Concello será o 24 de febreiro, cun concurso de disfraces con 5.200 euros en premios


O Concello de Oleiros organizará a tradicional festa de entroido o venres 24 de febreiro, coa orquestra Os Satélites e con concurso de disfraces con 5.200 euros en premios. Será en Santa Cruz, no pavillón Arsenio Iglesias, e comezará a media tarde.

O concurso de disfraces contará con categorías de grupos, individuais e parellas. En grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €. En individual e parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.

A próxima semana abrirase o prazo de inscrición na web municipal, onde tamén poden consultarse as bases do concurso. O último día para apuntarse será o propio venres 24 de febreiro, ata as 12:00 horas.

BASES: https://sede.oleiros.org/sta/docs/GetDocumentServlet?CUD=14615035251227645122&HASH_CUD=3a8322d95d35864a47f4967e7bf118b2ce6480da&APP_CODE=STA